Que chega!!

 

Que si! Que este ano tamén facemos a Festa da Merluza da Volanta de Cedeira!

Porque non podía faltar.

Porque queremos darlle a importancia que se merece ós nosos produtos.

E para iso, precisamos de vós, da vosa participación. 

Porque non hay mellor plan para un domingo nubrado (si, xa consultamos a previsión do tempo, somos precavidos  😎 ) que achegarse á explanada da Confraría de Cedeira e desfrutar dun manxar como son a nosa merluza e os nosos berberechos.

Pero este ano non só poderedes desfrutar do catering, senón que teremos grandes artistas amenizando a festa e facéndonos rir: Pepo Suevos contaramos algunhas das historias que lle fan percorrer toda a nosa terra (15.00 h), e Los Eternos presentarán algunhas das cancións que pertencen ó seu novo disco (12.00 h).

Porque en tempos de crise, o mellor é pasalo ben. Que lerias! 

Deixa unha resposta