Caramuxo

Bígaro, caracolillo ou “caramuxo” trátase dun molusco gasterópodo que vive fundamentalmente en zonas húmidas como rochas, plantas e zonas portuarias ó longo de toda a costa. A poboación de caramuxos existente é moi abundante, pero carecen de valor curinario debido ó gran descoñecemento do mesmo por parte da poboación alcanza prezos moi baixos.

O bígaro provén de captura artesanal do marisqueo a pé. As capturas son levadas á depuradora da mesma lonxa polo que se serven en bolsa de red coa súa etiqueta correspondente.

A captura lévase a cabo sen arte, unicamente retirándoos coa man da zona na que se atopan, pero isto se ten que levar a cabo nos momentos do día nos que a humidade é relativamente alta, posto que é cando acostumbran a expoñerse.

O tamaño mínimo de captura é de 15 mm.

Adhiérense ás rochas que quedan sumerxidas.tamén nos resquicios das peñas, nas gretas que lle serven para protexerse do oleaxe e as correntes. viven arrastrándse o lixeiramente pegado sobre as rochas ou algas, sobretodo da do xénero “Fucus”. Aliméntase exclusivamente de algas.

O bígaro ten unha concha dura, en forma de espiral, ovalada e puntiaguda no ápice. A súa cor é negra azulada, cunha banda espiral de tono máis claro. O seu corpo é cilíndrico, cunha nariz salinte e con dous tentáculos onde os ollos. Son moluscos moi resistentes e poden aguantar moito tempo fóra da auga. Cando se sinte atacado, refúxase no interior da cuncha.