RECEITAS

OURIZO CON SALSA

Ingredientes: 

10 gr. de mantequilla
2 cucharadas de auga de ourizo
1 cucharada de zume de trufas
1 cucharada de puré de herbas
1 cucharada de nata montada

Elaboración:

Abrir os ourizos cunhas tesoiras axeitadas e sacar con coidado as iemas do seu interior. Limpar 4 dos caparazóns máis bonitos e reservalos. Para a salsa, colocar nun cazo a lume lento na auga dos ourizos, o zume de trufas e o puré de herbas. Coa axuda dun batidor e sen deixalo ferver, incorporar a mantequilla e a nata montada. Sazonar con sal e pementa. colocar en cada caparazón do ourizo vacío 12 iemas e salsear ata cubrilo. Gratinar lixeiramente no grill do forno.

 

PERCEBES

Moita xente pensa que ós percebes hai que botarlles loureiro… MENTIRA. De feito, desconfía se nalgún lugar bótanllo, porque pode tratarse de percebes que non están frescos.

Aquí temos un dito moi sinxelo para cociñalos: “auga ferver: percebes botar; auga ferver: percebes sacar”. se os cociñades con auga de mar xa non é necesario botarlles sal; pero, se polo contrario, cociñádelos con auga doce, é necesario botarlles unha boa presa de sal.

E xa está! Unha delicatesen para disfrutar deles.