Información importante sobre da captura da raia

Catálogo prohibición captura diferentes clases quenlla

 Escrito e narrado por Serxio Ces coa colaboraciòn de Oscar Fernández na montaxe musical


Benvido ao noso sitio Web

Confraría de Cedeira A Confraría de Pescadores “Santa María do Mar” de Cedeira, A Coruña, é unha corporación de dereito público, dotada de personalidade xurídica e capacidade de obrar, para o cumprimento dos fins e o exercicio das funcións que lle están encomendadas, que actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro e representa os intereses económicos e corporativos dos profesionais do sector. O seu ámbito territorial comprende o paralelo que pasa por Praia de Meiras (Valdoviño) ó meridiano que pasa por Punta do Cadro (Cedeira).

Porto de Cedeira

   Plan Explotación  2017


A próxima fin de semana (días 29 e 30 de abril de 2017 en horario cotinuado de 12:00 a 00:00) celebraráse na Vila de Cedeira, na explanada sita nas inmediacións da  Casa do Pescador de Cedeira a “I Festa da Merluza (Pescada) da Volanta de Cedeira”.

Haberá unha carpa cuia decoración nos transportará ó mundo mariñeiro: volantas, nasas, pales e boias acompañarán a degustación da raíña, a pescada (merluza) capturada de xeito artesanal mediante un arte selectiva por mariñeiros da nosa Vila.

O pastel de merluza, ensalada tibia de ovas, merluza á galega e tosta de brandada, elaboradas por dóus chefs de renome darán sabor á xornada amenizada por cánticos e regada por viños da terra.

Esperando sexa a primeira de moitas edicións contamos cá vosa participación!!!

O Blogue

A Virxe do Mar

A Patroa de Cedeira

 o 15 de agosto celebranse as festas patronais, con Procesión marítima por la Ría de Cedeira na súa honor.

A Peixeira