Coquina

Especie: Donax trunculus

A coquina, é unha especie moi apreciada, de carne moi delicada. O seu precio é medio/alto.

A ameixa é unha das especies de marisco que menos grasa transfire ó organismo humano. Non soe ser superior a un 2% por cada 100 gr. O que máis destaca delas é o seu alto valor vitamínico. Posúe moita vitamina B3, ideal para a regularización das hormonas e vitamina A encargada de reparar a pel e protexer os ósos. O mineral máis relevante das ameixas é o fósforo xa que o resto de minerales como o ferro ou o potasio presenta os mesmos niveles que outros mariscos.

Vive enterrada en fondos de area limpa e fina, por debaixo de zonas de oleaxe. Textura moi suave, de superficie lisa e brillante. 

O método de captura é manual, a pé, cunha fouciña. Comercialízase viva durante todo o ano. A súa produción é reducida (Galicia, Andalucía e Cataluña). No mercado pode encontrarse outras especies similares, pero se comercializan conxeladas.

As nosas mariscadoras producen unha das mellores coquinas de España. son levadas á depuradora da mesma lonxa e sérvenas en bolsa de red coa súa correspondente etiqueta.