SUBVENCIÓNS

PROXECTO COLECTIVO PARA A PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS

Proxecto Colectivo Plans de Explotacións para a Convervación do Ecosistema Marítimo

 

 

PROXECTOS SUBVENCIONADOS 2019

Proyecto colectivo PE209D2019

PROYECTO COLECTIVO SABORES DO MAR

PROXECTO “O SENTIR MARIÑEIRO”

Trátase dun proxecto encamiñado á mellora da competitividade do sector pesqueiro mediante a promoción e posta en valor do modo de vida dos mariñeiros, as artes que utilizan nas súas labores cotiás e os produtos marisqueiros e pesqueiros da Vila de Cedeira. Cun carácter integrador e colaborativo, presenta actividades que poñen de manifesto a importancia da cultura, o patrimonio e o respeto polo medio natural e mariño, para conseguir que a nosa vila sexa un referente turístico tanto, pola calidade do produto como pola tradición mariñeira e as actividades que, entorno ó mar, se poden desenvolver (lúdicas, divulgativas, formativas, gastronómicas…) poñendo en valor e dando a coñecer a profesión e profesionalización do sector pesqueiro e marisqueiro e todo o que a rodea.

Cun carácter transversal, implica actores de diferentes sectores: pesca, gastronomía, turismo, deporte, cultura, medio ambiente….que, tendo como punto de partida o mar, aúnan esforzos para que todo aquel que participe nas diferentes actividades e eventos do proxecto, poida ter unha visión real do que o mar e as súas xentes supoñen para as nosas vidas e da necesidade de coidalo e preservalo para as xeracións futuras, así como da importancia do consumo responsable e do papel que as mulleres mariñeiras teñen e tiveron nas vilas costeiras.

As actividades dividiranse seguindo a temática do propio proxecto: as artes de pesca e os peixes e mariscos que con elas se capturan como parte fundamental da vida das nosas xentes.

Ver actividades año 2018