Percebe

Especie: Percebe Pollicipes pollicipes

Calibre: Extra, Grande, Mediano, Pequeno.

O percebe é un crustáceo moi apreciado, debido o seu intenso sabor e exquisita carne, moi típico da cociña galega.

O auténtico percebe de Cedeira, de excepcional sabor é considerado para moitos como o “rei do marisco”.

O percebe reprodúcese en zonas de mar aberto e moi batidas polo oleaxe. Para o seu crecemento necesita augas moi isixenadas e frías e por iso recollelo é unha labor de moito risco. esta característica e que conxuntamente é un produto escaso, ocasionan os seus elevados prezos no mercado. Galicia ten unha tradición moi arraigada en todo o que é o marisco, pero o arte de coller percebes e a vida dos percebeiros non son comparables ás de ningún outro pescador.

Tratase dunha tradición que pasa de xeración tras xeración. A raspa ou “cacha” é un arma que serve para arrincar os percebes das rochas e os percebeiros xóganse a vida día a día contra a maea para conseguir esta exquisitez que nos brinda o mar.O noso percebe captúrase de forma artesanal a pé de rasqueta durante todo o ano.

No que se refire ó aspecto nutricional, o percebe é un alimento que destaca polo seu significativo aporte de vitamina B12, iodo, vitamina B2, selenio, vitamina B, proteínas e auga. Ademais, o iodo do percebe, axuda a coidarnos por dentro, regulando o noso colesterol. Ó ser un alimento rico en iodo, tamén axuda a procesar os hidratos de carbono, fortalecer o cabelo, a pel e as unllas. Os alimentos ricos en vitamina B2 tamén son útiles para mellorar problemas nerviosos como o imsomnio, a ansiedade e o estrés.