Ourizo

Pertence á familia dos equinodermos. Habita no litoral ata os 30 metros de profundidade, entre rochas, charcas deixadas pola marea ou buratos naturais ou excavados para protexerse das correntes. Recúbrense de conchas, pedras e algas como defensa e para evitar a luz intensa.

Aliméntase de algas, plancton, caracois e mexillóns.

É unha especie protexida aínda que en España está fóra de perigo.

Os seus principais ameazas son a contaminación e a sobreexplotación.

As espiñas máis pequenas son venenosas e poden producir lesións moi dolorosas se se tocan.

As formas do corpo dos ourizos son moi diversas, algúns son redondos e espiñosos como unha castaña, outros son redondos e chatos, con pelos curtos e suaves como terciopelo.

As pesar das súas espiñas, son unha deliciosa comida para cangrexos, focas e ata algún paxaro.