Ameixa fina

Especie: Venerupis pullastra

Calibre: Grande: 20-25 pezas/kg

Mediano: 35-40 pezas/kg

Pequeno: 50-60 pezas/kg

Ameixa Fina é unha das especies de marisco que menos grasa transfire ó organismo humano. Non soe ser superior a un 2% e, por cada 100gr. O que máis destaca das ameixas é o seu alto valor vitamínico. Posee moita vitamina B3, ideal para a regularización das hormonas e vitamina A encargada de reparar a pel e protexer os ósos. O mineral máis relevante das ameixas é o fósforo, xa que o resto de minerais como o ferrol ou o potasio presenta os mesmos niveles que outros mariscos.

É a ameixa máis apreciada e de máis valor polo seu intenso sabor a mar, textura, e polo súa fácil manipulación (xa que aguanta bastantes horasen seco facilitando a súa comercialización). A súa coloración é moi variable en función do sustrato onde se crían, en xeral marrón claro (case blanquecino). Ambas valvas presentan sempre a mesma cor, están decoradas con debuxos diversos e frecuentemente con bandas radiais escuras; o seu interior é blanquecino. ten un espléndido sabor tanto ó natural como á plancha.

Son capturadas de maneira artesanal, a pé cunha fouciña. A mellor época son os meses de xullo e agosto; e novembro e decembro. son levadas á depuradora da nosa lonxa polo que se serven en bolsas de red coa súa etiqueta correspondente.