Corto documental dixigido por David Beriain sobre a historia de Serxio Ces, percebeiro de Cedeira, Galicia. Preseleccionado para os Premios Goya 2012. Sinopse: Ruxe o vento. O mar golpea nos acantis. Dous metros de rocha, esa é  a franxa de auga e oxíxeno na que medra o percebe. Dous metros onde o mar se ensaña, onde bate con forza milenaria. Unha fronteira de ondas e escuma no que Serxio e os seus compañeiros loitan por un anaco de mar. Unha fronteira de valor e medo. De temeridade  e sentido común. Dous metros sen marxe de error Ahí vive o percebe. Ahí vive Serxio. Percebeiros é a batalla contra o mar duns guerreiros que non se consideran heroes.

Resolución da Delegación Territorial de A Coruña pola que se autoriza a extracción de PERCEBE na Confraría de Pescadores de Cedeira: 

Datas autorizadas :  1,2,5,6,7,8,9,12,13,14,15,16,19,20,21,22,23,26,27,28,29 e 30 de XUÑO 2017

   PUNTOS DE CONTROL: Lonxa de Cedeira.

Cómpre lembrar que o paso polo punto de control é obrigatorio para tódolos participantes do plan, polo que neste débense recoller os datos de captura diarios de tódolos percebeiros tanto dos que venden na lonxa desa localidade como dos que a levan a outra lonxa co correspondentedocumento de transporte.

PUNTOS DE VENDA: Lonxa de Cedeira.

TOPES DE CAPTURA:  Peso neto:  10 Kg. habilitación enrolado e a bordo/día.

ARTES: Raspa ou Rasqueta, segundo Decreto 15/2011

Zona:  dende o Faro de Punta Frouxeira ata Pedra Barcelona. Parte do ámbito (de punta de terra da Chirlateira ata o Ensebadoiro) está incluído dentro da reserva mariña de interese pesqueiro “Ría de Cedeira”.

Subzonas:  CL-187,CL-189, CL-190,CL-191, CL-192, CL-193, CL-194, CL-195, CL-196, CL-197, CL-198, CL-199, CL-200, CL-201, CL-202, CL-203, CL-204, CL-205, CL-206, CL-207, CL-208, CL-209 e CL-210.

PUNTOS DE CONTROL: Lonxa de Cedeira.

HORARIO: De dúas horas e media antes a duas horas e media despois da primeira baixamar diurna, e ata as 18:00 h. como máximo.

Datos do producto Os Percebes ” Bátese co mar dende as rochas ás que se agarra firmemente, é por iso que captura o seu sabor nesta loita, e o transporta ó seu corpo para deleite dos bos degustadores de marisco. Sobre algo non hai discusión, tómanse cocidos, como case tódolos mariscos, en auga de mar, e se non temos, en auga salgada. Cando a auga, rompe a ferver, bótanse para contar cinco minutos despois do seguinte fervor, e déixanse dentro da cazola ata acada-la, temperatura á que poidan ser degustados. Servense sós cun pano enriba para que non perdan a calor. Nalgunhas zonas de Galicia sérvense con cachelos feitos na mesma auga dos percebes que transmíten ás nosas inmellorables patacas as lembranzas que o percebe trae do mar.”

Percebeiro atento ao golpe de mar, (vaille a vida nelo)

Percebeiro atento ao golpe de mar, (vaille a vida nelo)

NON SE LLE DEBE BOTAR LOUREIRO ¡NUNCA!

Se nalgún sitio ves que lle botan loureiro no momento de cocelos percebes, DESCONFÍA,

Pode que teñan varios días.

Taboa de Mareas 17

 

Percebeiro de Cedeira

COCCIÓN DO PERCEBE

AUGA FERVER

PERCEBES BOTAR

AUGA FERVER

PERCEBES QUITAR